AXÚDANOS A LIMPAR AS PRAIAS DE MILLONS DE PELLETS

E. González.


Ante a emerxencia ambiental xerada polo verquido de millóns de pellets que estan a chegar ás costas galegas e cantábricas, faremos unha xornada de limpeza nas praias da Reserva Ornitolóxica de O Grove.

O sábado 13 de xaneiro de mañan quedaremos para recoller estos materias plásticos e tentar evitar un dano maior na fauna. É coñecido que os microplásticos poden ser inxeridos por peixes, aves, mamíferos mariños ou tartarugas mariñas ao ser confundidos con alimento, o cal pode chegar a causar a súa morte.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

A actividade estará coordinada polo persoal de SEO Pontevedra que fará unha pequena formación ao inicio.

A cada participante se lle fará un seguro de accidentes.

Aportaremos luvas para cada asistente e algún material como caldeiros, pequenas palas, escobas,  peneiras e bolsas, pero si podes traer algún material do que dispoñas na túa casa será benvido.

Trae roupa e calzado axeitado para o lugar de traballo.

Non acudas con cans a praia.

O desprazamento ate o lugar de limpeza correrá pola túa conta.


Se queres participar na recollida debes inscribirte no seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1kD5gGug0iu66ykG6zq2hDWRRuvK6-LwtnLaVWsz-ghM/edit

Enviada en 11/01/2024

Ver otras noticias

Desarrollado por MoveAsTIC @ 2020