Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
IX CONGRESO GALEGO DE ORNITOLOXÍA
17/11/2016

 

Os días 25, 26 e 27 de novembro, organizado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e en colaboración co grupo local SEO-Pontevedra, terá lugar o IX Congreso Galego de Ornitoloxía, coa temática "Efecto dos cambios ambientais e territoriais nas aves galegas".

Este IX Congreso Galego Ornitolóxico terá a súa sede no Salón de actos do Auditorium de Pontevedra e contará cun número variado de relatorios, charlas, mesas redondas, carteis e postos con produtos relacionados coa temática das aves etc.

Para o domingo 27 está programada unha visita de campo á Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English