Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
PRIMEIROS NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS
05/05/2016

 

 

Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Ilustración: Encarna González "niño".

Como xa se comentou en anos anteriores, a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), é unha pequena limícola que nidifica na area das praias.

En España esténdese polo litoral mediterráneo, o atlántico andaluz e zonas húmidas salobres interiores. No norte peninsular xa se extinguiu, agás en Galicia, onde aínda temos o privilexio de contar con este ser adorable nas nosas praias, por iso está considerado como especie ameazada e está protexida pola lexislación.

No Salnés as píllaras xa instalaron os dous primeiros niños na area dunha das praias do Grove e este xa están custodiados con vixilancia, coa súa gaiola regulamentaria e o balizamento perimetral que o circunda.

Ademais desde hai semanas tanto o Concello do Grove como o Servizo de Conservación dá Natureza da Consellería de Medio Ambiente da Xunta colocaron en todos os accesos aos areais paneis informativos explicando a súa problemática e carteis de prohibición de cans.

Agora só queda cumprir a lei por parte dos usuarios da praia, isto é, respectar os balizados e non levar cans ao areal.

Os cans non só causan estrés nos adultos de píllara (o que pode producir un abandono de niños), senón que se converten en depredadores de poliños, xa que nada máis naceren, os pitos corrican pola area na procura de alimento e, como non poden voar ata a cuarta semana de vida, corren o perigo de seren depredados polos cans.

Por iso, para axudar a protexer a píllara das dunas só hai que cumprir a lei:

Non leves cans á praia!



 

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English