Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
DÍA DAS AVES
26/09/2015

O mundo está cheo de aves, convivimos con elas e, con todo, son descoñecidas para moitas persoas. É por iso que durante a primeira fin de semana de outubro celébrase o Día das Aves, cuxo obxectivo é achegarlles o seu fascinante mundo aos cidadáns. Trátase do principal evento participativo organizado por BirdLife International a escala mundial e que en España coordina SEO/BirdLife.

Neste evento preto de 42.000 persoas participaron o ano pasado nun variado programa de actividades: excursións, cursos, conferencias, itinerarios ou talleres infantís. Organizáronse por todo o país 161 actos abertos ao público nos que se desenvolveron 540 actividades, co obxectivo de lle achegar o mundo de aves á cidadanía. Este gran evento social foi posible grazas ao apoio dun milleiro de voluntarios pertencentes a corenta grupos locais de SEO/BirdLife, xunto coa colaboración doutras 121 entidades.

Un ano máis queremos que o Día Mundial das Aves se celebre en todos os recunchos do noso país. Por iso en Galicia SEO elixiu o Concello do Grove.

SEO, xunto co Concello do Grove, escolleu esta localidade da provincia de Pontevedra e, máis concretamente, o Complexo Intermareal Umia-O Grove, non só porque é un dos mellores lugares de Galicia en acollida de aves, xa que 13.000 acuáticas entre limícolas, patos, garzas, aves mariñas... invernan nesta espazo protexido, senón porque recentemente este concello conta coa primeira Reserva Ornitolóxica de Galicia e a maior Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife de España.

Queremos celebrar o Día das Aves 2015, o domingo 4 de outubro, realizando un itinerario gratuíto e aberto ao público por este máxico lugar e guiados por ornitólogos de SEO-Pontevedra.

Se queres participar no Día das Aves, só tes que enviar un correo a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e darémosche máis información.

Anímate e participa! Esperámoste.

 

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English