Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
MONTE A SIRADELLA
26/04/2015


Alyssum loiseleurii.


O monte A Siradella, o máis alto do Grove, é un dos lugares de Galicia de gran riqueza ecolóxica que aínda se mantén ben conservado.


É por iso que forma parte da Rede Natura 2000 que asegura a súa supervivencia, sendo zona ZEC, isto é: Zona de Especial Conservación, ademais de estar dentro do Complexo Ons-O Grove, espazo protexido formado por un gran mosaico de ambientes naturais e que ten a súa Aula da Natureza na cima do monte.


Xunto ás súas vistas panorámicas desde onde se poden observar o istmo e praia da Lanzada que une a península do Grove á terra, as illas Ons e Cíes —que forman parte do Parque Nacional dás Illas Atlánticas de Galicia—, a ría de Arousa ou o popular Intermareal Umia-O Grove, cos seus illotes e pequenas enseadas; na súa aba está a Figueira do Meco, protagonista da popular lenda e orgullo do pobo.


Este alto conta ademais con interesantes formas graníticas e unha duna rampante que rube pola saia do monte (das poucas que quedan na comunidade galega) e que lle dá personalidade á contorna e un valor xeomorfológico incomparable.


Pero o valor xeomorfológico non é o único da Siradella, senón que conta con tal biodiversidade que aquí se citaron 77 especies de aves, por exemplo, só en rapaces se teñen visto Falco peregrinus, Accipiter nissus, Accipiter gentilis, Buteo buteo, Falco tinnunculus, Falco columbarius, Falco subbuteo, Tyto alba, Otus scops, Athene noctua...


Ademais de 10 especies de réptiles e 6 de anfibios, entre eles, Pelobates cultripes e Hyla arborea, que aparecen clasificados como “Vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.


E unha enorme variedade de vexetación, principalmente de plantas dunares, destacando Alyssum loiseleurii, catalogada “Vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas; ata distintas árbores, arbustos e matorrales.


Predominan as libélulas e os cabaliños do demo, con 28 especies censadas: Lestes barbarus, Lestes viridis, Ischnura graellsii, Aeshna cyanea, Anax ephippiger, Cordulegaster boltonii, Sumpetrum meridionale? Contando tamén con mamíferos, bolboretas, coleópteros etc.


O monte A Siradella é outra xoia da natureza do noso municipio, ideal para gozar das súas riquezas e que conserva tres especies ameazadas e protexidas.

 

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English