Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
UNHA VIAXE CARA A OUTRO ESPAZO
09/12/2014


Hai tempo que se realizan embarques durante todo o ano cara ao mar do Grove para observar aves e mamíferos mariños, pero entre todas estas viaxes, despuntan as de finais de verán e as de outono.

Pero, por que esta época?

En liñas xerais, na nosa área, o Paleártico, a maioría das aves nacen próximas ao Polo Norte, porque aquí na primavera e no verán hai moitas horas de luz e os animais atopan recursos alimenticios suficientes para sacaren a diante as súas crías.

Unha vez que acaba esta tempada e terminada a cría, comezan a diminuír de forma drástica a luz e a temperatura e, xa que logo, a comida.

Para sobreviviren a esta carencia e a diferenza doutros animais, as aves, ao teren alas e polo tanto capacidade de voo, foxen cara a latitudes mariñas africanas, onde volven atopar alimento suficiente para pasar o inverno.

Este cambio de estación crea un dos fenómenos máis impresionantes do planeta Terra: a viaxe épica de millóns de aves mariñas que, desde o norte ao sur, percorren miles de quilómetros sobre o mar.

Nesta época moitos individuos pasan rozando, a poucas millas náuticas, a península do Grove. Agora hai que embarcar no Chasula —fermoso barco de madeira— e deixarse seducir polo magnetismo destes seres doutro tempo e doutro espazo.

Esta táboa, resultado das especies vistas en só dous embarques deste outono, serve como exemplo de que non só a riqueza natural do Grove a temos en terra, senón tamén no mar.


 

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English