Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
PLEGADIS FALCINELLUS OU MAZARICO NEGRO
18/11/2014


Últimamente estase deixando ver e de maneira moi confiada polo Compexo Intermareal Umia-O Grove e contorna, un mazarico negro, ou o que é o mesmo un Plegadis falcinellus.

Pero ¿Que é un mazarico negro?

É unha ave zancuda de tamaño medio, con pescozo e patas longas e pico longo e curvo. O seu plumaje é pardo avermellado apagado, aínda que durante a época nupcial adquire tons irisados verdes e rosas moi bonitos. A súa silueta lembra ao mazarico real (Numenius arquata).

O seu hábitat son os humidais con abundante vexetación palustre, os campos de cultivo e os prados.

Aliméntase sobre todo de insectos, aínda que tamén pode capturar anfibios e pequenos peixes.

En España pódeselle ver en distintos puntos das costas catalás, levantinas e andaluzas, sendo Doñana onde se atopa a maior colonia de cría peninsular.

Nidifica en árbores que comparte con outras especies de aves como garzas ou cegoñas.

Na nosa rexión é unha ave migrante pouco común no inverno e nos pasos migratorios, e ocasional no verán pero con tendencia ao aumento.

Desde a primeira observación otoñal no mes de Outubro por un dos equipos participantes no Gran Reto do Grove, aínda segue connosco o mazarico negro movéndose por distintos puntos das nosas zonas húmidas.

É a ocasión idónea para gozar dun ave curiosa e escasa en Galicia.

 

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English