Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
GAÑADORES DO GRAN RETO
04/11/2014


O Gran Reto de SEO/BirdLife, maratón ornitolóxico, que consiste en localizar en 24 horas o maior número de especies de aves e cuxa final nacional 2014 tivo lugar por primeira vez en Galicia, concretamente no Concello do Grove, é unha actividade que ten paixón polas aves e o gozo ao aire libre como elemento principal, polo que reuniu os mellores observadores de aves de toda España. Concretamente, os mellores clasificados dos maratóns autonómicos de primavera, o que fixo que o nivel competitivo fose moi alto.

Así que, logo de pasar as 24 horas do sábado 18 de outubro percorrendo diferentes ecosistemas para a detección do maior número de aves, os dez equipos participantes neste concurso, pertencentes a diferentes comunidades autónomas, localizaron un total de 165 especies, entre as que destacan: o bicogroso, curuxa campestre, aguia real, choia, ferreiriño de cara negra, mazarico negro, peto formigueiro, avenoiteira sp, cirrio pálido, poliña bastarda, andoriña dáurica, palleira grande e parasita, pardela encapuchada...

Os equipos premiados no maratón foron os seguintes:

Na modalidade ecolóxica, que consiste nun percorrido en bicicleta, clasificouse no 1.º posto o equipo Tramuntana Birding Team, de Cataluña, con 98 especies avistadas.

En 2.º lugar quedaron os madrileños Los pardillos del Pardo, con 93 especies.

Para a modalidade de percorrido en automóbil, o equipo ganador do Gran Reto 2014 foi Carricerines sin patria, con 117 especies. Equipo castelán, pero encabezado polo ornitólogo Xurxo Piñeiro, natural do Salnés.

No 3º posto, a moi pouquiños puntos dos primeiros, quedou o equipo galego Galicia Birding Team, con 114 especies e formado polos ornitólogos Atocha Ramos, David Calleja, Ramsés Pérez e o grovense Cosme Damián Romay Cousido.

A entrega de trofeos aos ganadores correu a cargo do alcalde do Grove e do edil de Medio Ambiente, e o broche do Gran Reto 2014 púxoo o presidente de SEO/BirdLife, Eduardo de Juana, quen resaltou os valores ornitolóxicos e naturais do noso concello.

Todos os participantes quedaron moi contentos coa organización do evento e con ganas de volver a esta esquina do mapa, xa que descubriron que é un lugar ideal para gozar da natureza e das aves.


 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English