Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
GAIVOTAS BRANCAS
17/02/2014

Durante este inverno e por causa da climatoloxía adversa están chegando ás costas galegas exemplares de gaivotas brancas: gaivota hiperbórea (Larus hyperboreus) e gaivota polar (Larus glaucoides). Estas gaivotas, chamadas así pola súa coloración moi clara ou pálida, son moi setentrionais, e chegan ata a criar en Groenlandia e norte do Canadá e non adoitan achegarse á península ibérica.

Arrastradas polos temporais, este ano tamén se viron estas gaivotas no concello do Grove, concretamente, un exemplar de gaivota hiperbórea do terceiro inverno de idade localizouse o día 29 de decembro na marisma do Vao; outro exemplar, pero do primeiro inverno, viuse o día 2 de xaneiro na praia de Area da Cruz preando sobre un golfiño mular, e unha gaivota polar observouse tamén o día 5 de xaneiro.

As gaivotas hiperbóreas son de gran tamaño, case coma o noso gaivotón, pois teñen unha envergadura de 138-158 cm e, cando son novas, tanto a hiperbórea como a polar (que é máis pequena) posúen unha fermosa plumaxe cor café con leite que as diferencia do resto dos láridos que temos na nosa comunidade.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English