Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
QUE É A REDE NATURA 2000 E QUE BENEFICIOS ACHEGA?
03/04/2017

Que é a Rede Natura 2000?
A Rede Natura 2000 é a rede de espazos protexidos máis extensa do mundo e a máis importante de Europa. A Unión Europea consta duns 26.000 espazos naturais pertencentes á Rede Natura.
.
España é o país de Europa que máis superficie achega, un 30% do noso territorio, isto é, uns 2.000 espazos naturais protexidos, o que demostra a gran biodiversidade do noso país.

Galicia está por baixo desta media, achegándolle só o 13% do seu territorio á Rede Natura, e iso non por ausencia de espazos de alto valor ecolóxico, senón por causas alleas á nosa riqueza natural.

Cando se creou e para que serve?
A Rede Natura 2000 creouse en 1992 e é o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea.
A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo dos hábitats e as especies que os habitan, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade.

Que tipo de espazos protexe?
A Rede Natura 2000 conserva zonas ZEC, que son zonas relativas á conservación de espazos naturais, e zonas ZEPA, zonas relativas á conservación das aves.

Que beneficios lle achega á sociedade?
Ademais da conservación da natureza, a rede Natura 2000 achégalle beneficios á sociedade: como garantía de saúde, calidade de vida ou benestar social.
Así proporciona almacenamento de carbono, formación do chan, polinización, calidade das augas, calidade do aire...

Tamén beneficia a saúde física e mental, diminuíndo a frecuencia cardíaca, a presión arterial e o risco de desenvolver enfermidades cardiovasculares, fortalece o sistema nervioso etc.
Fornece ademais alimentos naturais, ofrece escenarios para crear hábitos saudables, como son as actividades ao aire libre, relaxación e demais.
E para rematar, promove o desenvolvemento económico e o emprego, permitindo actividades produtivas tradicionais, recreativas e turísticas que respectan os valores naturais.

Que espazos son Rede Natura 2000 no Grove?
Boa parte do concello do Grove é Rede Natura 2000, o que demostra a gran riqueza en natureza que ten este municipio.

Os espazos Rede Natura 2000 do Grove son: o Complexo Intermareal Umia-O Grove, Monte Siradella, praia e istmo da Lanzada, Lagoa da Bodeira, praia e duna de Mexiloeira, costa oeste peninsular e todo o contorno mariño que rodea a península meca.
.
En todos estes lugares protexidos do Grove, as persoas que viven neles ou as que os gozan, atopan benestar, ademais de permitir actividades sostibles con moitas oportunidades de futuro.

Gocemos da Rede Natura 2000 do Grove porque é garantía de calidade de vida!


Mapa da Rede Natura 2000 do Grove.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English