Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
"GRUPO PÍLLARA"
26/03/2017

A principios deste mes convocouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela a 1ª reunión 2017 do “Grupo Píllara”, grupo que se creou en 2015 e do que forman parte técnicos da Administración, investigadores da Universidade de Santiago, concelleira e técnico de Medio Ambiente do Concello do Grove e grupos conservacionistas como SEO-Pontevedra, SGO etc, e cuxo obxectivo é a protección da píllara dás dunas en toda a nosa comunidade.

As reunións, que se realizan cada ano, ademais de poñeren sobre a mesa os problemas cos que se enfrontou a píllara das dunas, teñen a finalidade de coordinar as actuacións do ano en curso do Plan de Conservación da Píllara das Dunas en Galicia.

Nesta reunión, a 3ª a nivel galego desde que se formou o “Grupo Píllara”, resaltouse o éxito global da tempada 2016, pola implicación da Administración e dos grupos conservacionistas, destacando a complicidade do Concello do Grove para que o manexo da Lanzada sexa compatible coa conservación da especie.

Esperamos que con estas intervencións a píllara das dunas non se vexa xa como un problema, senón como un privilexio, por contar con areais onde nidifica, xa que é un bioindicador da boa saúde que aínda teñen algunhas praias galegas.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English