Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
XII FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO ORNITOLÓXICO
01/03/2017

O Concello do Grove, por ser un territorio privilexiado para o turismo ornitolóxico, onde máis 18.000 aves acuáticas invernan nos seus espazos naturais, volveu a participar do 24 ao 26 de febreiro na Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico, FIO 2017, no Parque Nacional de Monfragüe (Estremadura).

A FIO representa o certame dedicado ás aves máis importante de España e o segundo máis importante de Europa e recibe máis de 12.000 visitantes en cada edición.

Esta XII edición da FIO contou durante os tres días cun amplo e variado programa de actividades para satisfacer os amantes da natureza e as aves, desde os perfís máis profesionais, como fotógrafos, turoperadores, guías, ornitólogos ou propietarios de aloxamentos rurais, ao público infantil. Entre as actividades que ofrecían, destacaron as rutas guiadas pola comarca, os obradoiros infantís e en familia, o astroturismo, diversos concursos...

Tamén houbo conferencias e talleres de fotografía, xornadas técnicas sobre proxectos de conservación da natureza ou turismo e arredor de cen expositores de destinos ornitolóxicos, empresas turísticas, fabricantes e distribuidores de fotografía e óptica e organizacións conservacionistas.

A Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico volveu a acoller un ano máis ao Concello do Grove, para mostrar a gran riqueza que posúe tanto en aves como en natureza..


 

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English