Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
SEMANA DAS AVES
17/02/2017

Durante esta semana, por quinto ano consecutivo e baixo o lema “Coñecer para Conservar”, os alumnos de 5º curso dos colexios do Grove abandonaron as aulas para saír ao campo a coñecer a natureza e as aves da súa localidade.

Antes de iniciar a excursión, no seu centro escolar os nenos recibiron por parte de ornitólogos da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO), un curso de introdución ás aves adaptado á súa idade. Unha vez finalizado este, os escolares foron levados a un punto de observación da Reserva Ornitolóxica do Grove, concretamente á enseada do Vao, para poder observar as acuáticas que invernan neste espazo protexido e de alto valor ecolóxico.

Cada mozo cos seus prismáticos, o seu guía de aves e varios telescopios puido ver e anotar no caderno de campo as aves vistas durante a xornada. Aves tan emblemáticas e belas como os cullereiros, garzas reais, garzotas, píllaras reais, pilros comúns, píldoras cincentas, gabitas, biluricos, mazaricos, corvos mariños grandes, carráns cristados, gaivotas canas, etc, etc.


Durante estes días os máis pequenos do Grove puideron gozar e celebrar a súa particular Semana das Aves.


 

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English