Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
CELEBRA O DÍA DAS AVES 2016
19/09/2016

Chega unha nova edición do Día das Aves!

Durante a primeira fin de semana de outubro achegaremos o fascinante mundo das aves aos cidadáns. Trátase do principal evento participativo organizado por BirdLife International a escala mundial e que en España coordina SEO/BirdLife.

Que festexamos o Día das Aves?

Convivimos coas aves e, con todo, son descoñecidas para moitas persoas. A presenza e proximidade das aves mellora a nosa saúde ambiental. Achégannos vida, cor e alegría, achegan a natureza ás cidades e son grandes viaxeiras que non teñen fronteiras, pois non entenden de barreiras culturais e políticas.

O día 2 de outubro invitámoste a gozar coas aves. Observa a beleza e colorido das súas plumaxes. Escoita os seus harmoniosos cantos.

Coñece a rica variedade de aves do noso país, fundamental no mantemento da biodiversidade europea.

”Achégate ás aves e énchete de natureza”, é a mensaxe que imos transmitir nesta edición do Día das Aves.

Como queremos que este día se celebre en todos os recunchos do noso país, en Galicia SEO elixiu O Grove, e máis concretamente, o Complexo Intermareal Umia-O Grove, non só porque é un dos mellores lugares de Galicia en acollida de aves, xa que máis de 13.000 acuáticas, entre limícolas, patos, garzas, aves mariñas..., invernan nesta espazo protexido, senón porque este concello conta coa primeira Reserva Ornitolóxica de Galicia e a maior Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife de España.

O domingo 2 de outubro realizando un itinerario gratuíto e aberto ao público por este máxico lugar e guiados por ornitólogos de SEO-Pontevedra.

Se queres participar no Día das Aves só tes que enviar un correo a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e darémosche máis información.

Anímate e participa!

Esperámoste.

MIRA ESTE VIDEO, GUSTARACHE!!

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English