Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
Noticias
CASIÑAS PARA BUFOS
02/04/2018

Ilustración e deseño: Encarna González.

O vindeiro 14 de abril o grupo local SEO-Pontevedra en colaboración co Concello do Grove, organizan gratuitamente un Taller Infantil de Construción de Caixas-niño para Moucho das Orellas, cuxo obxectivo non só é o fomento deste mouchiño de expresión doce, non moi coñecido e que lle achega beneficios e riqueza natural á nosa vida (que ademais se non ten ocos onde aniñar, adopta de bo grao as caixas-niño), senón tamén para para dar a coñecer aos nenos da localidade a natureza que os rodea, patrimonio imprescindible pero moi fráxil, para que aprendades a respectala e coidala, xa que eles serán os herdeiros e os encargados de conservala para o futuro.

O moucho de orellas, cuxo nome científico é Otus scops, é a nosa rapaz nocturna máis pequena. É reservado e adoita pasar inadvertido grazas á excelente camuflaxe que lle proporciona a súa plumaxe, case imposible de descubrir entre a ramaxe das árbores, aínda que resulta fácil de detectar polo seu canto inconfundible: un “pliú…pliú…” insistente e sonoro, que pode oírse nas noites primaverais, xa que é un migrador que chega a principios da primavera, cría aquí e a finais do verán retorna a África a pasar o inverno.

De carácter forestal, este bufo vive en zonas arboradas non moi densas e en parques urbanos. A súa dieta esencial é insectívora, aínda que en época reprodutiva se alimenta dalgún roedor, réptil, etc.

En xeral a tendencia das poboacións das aves nocturnas en España é negativa e iso tamén se ve reflectido no municipio do Grove.

Aínda que o moucho de orellas está ben representado e distribuído na península meca, como cría fundamentalmente nos ocos das árbores e a escaseza de buracos naturais, a diminución dos bosques e en definitiva a alteración dos seus hábitats naturais, xunto a outras circunstancias como a utilización de pesticidas en agricultura, está sendo determinante no declive destas nocturnas tan beneficiosas para o ser humano.

Se queres participar neste obradoiro de casiñas para bufos, recorda:

Data: 14 de abril de 2018.

Horario: de 10:00 a 14:00h.

Lugar: as 10:00 da mañan taller na sala das Cunchas, concello do Grove, e montaxe dos niños no Parque da Toxa.

Idade: de 8 anos en adiante.

As prazas son limitadas.

Información e inscripciones: 986 703 227 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 
OS ÚLTIMOS TEMPORAIS ATRASAN A CHEGADA DAS ANDORIÑAS E ATRAEN “AVES RARAS” A ESPAÑA
15/03/2018

Xa se rexistraron as primeiras andoriñas en varios puntos de España e en Galicia, pero van máis atrasadas esta tempada con respecto ás últimas décadas (1990-2017). Ademais, este ano con condicións meteorolóxicas adversas, como as de xaneiro, avistáronse en España especies americanas como o colimbo do Pacífico, a cerceta aliazul e a cerceta americana.

A pesar das baixas temperaturas dos últimos meses en boa parte da península, algunhas especies como as grúas ou os gansos abandonarannos nos próximos días rumbo ao centro e norte de Europa. Con todo, outras moitas especies que pasaron o inverno en África como a andoriña, a andoriña de cu branco, o lagarteiro das torres, o millafre negro ou o cuco real regresan nesta época á península Ibérica para facer os seus niños. Esta información xérase mediante programas de rexistros de aves e a colaboración cidadá.

“E é que o clima nos últimos anos pono todo ‘patas para arriba’ e cada ano é diferente. No contexto actual de cambio climático moitas especies cambiarán a súa distribución e migración, terán que adaptarse a novas condicións. Con todo, moitas delas non poderán modificar a súa distribución á velocidade coa que avanzan os cambios. O rexistro a longo prazo destas datas permitiranos avaliar mellor estas modificacións e constitúen unha ferramenta máis para coñecer o seu efecto na biodiversidade”, asegura Blas Molina, técnico de Ciencia Cidadá de SEO/ BirdLife.

Atopámonos nun dos mellores períodos do ano para rexistrar datos sobre a fenoloxía das aves, xa que xusto agora moitas especies parten e outras chegan ao noso territorio para criar. A data de chegada ou partida das aves, a reprodución, a floración das árbores ou a aparición dos insectos pode variar cada ano dependendo das condicións meteorolóxicas.

Grazas á recollida de datos masivos de diferentes programas e plataformas de rexistros, poderase coñecer como se comporta a biodiversidade ante o cambio climático.

 
EN FIO ESTREMADURA
27/02/2018

Centos de persoas chegadas de toda España e Europa abarrotaron a Feira Internacional de Ornitoloxía celebrada no Parque Nacional de Monfragüe, onde puideron gozar dunha grande amálgama de negocios relacionados coas aves: tendas de óptica, de libros, de produtos artesanais, de roupa de campo…


Tamén nas exposicións de fotografía, nas conferencias (“Los vencejos de Alange”, “Casas de especial protección para las aves”…), na presentación de libros, nos talleres para nenos, nas excursións guiadas polo Parque etc.

E como non, nos postos de grupos ambientalistas que se dedican ao estudo e protección das aves, como o de SEO/BirdLife e outros moitos colectivos, ou nos postos que promocionan as rexións españolas interesantes para gozar da ornitoloxía: en País Vasco, en Cantabria, Cataluña, Andalucía, Castela-León, Valencia, Estremadura… e, por suposto, no Grove.


A concelleira Ánxeles Dominguez informando.

O posto da Reserva Ornitolóxica do Grove de SEO/BirlLife foi, en palabras dos visitantes, “o máis elegante de toda a feira” e polo que pasaron moitos interesados pola nosa rexión, ata esgotar as súas existencias.


Infografía do posto do Grove.

Porque se algo ten a FIO é a ilusión polas aves que lles inxecta aos visitantes que atá alí se achegan.

Aquí os esperamos, na nosa pequena península, para mostrarlles as xoias da coroa: as aves do Grove.

 
NUEVA IMAGEN PARA LLEVAR A LA FIO
19/02/2018

Del 23 al 25 de febrero vuelve al Parque Nacional de Monfragüe la FIO (Feria Internacinal de Ornitología) en su 13ª edición y con ella el concello de O Grove regresa a Extremadura a dar a conocer los valores naturales de su municipio.

Como novedad este año el Concello presenta en la feria más importante de España y la 2ª de Europa, la Reserva Ornitolóxica do Grove de SEO/BirdLife.

Para ello se han creado bellas lonas que decorarán el stand y varios carteles con aves de la Reserva, que con seguridad atraerán la atención e invitarán a los visitantes de la FIO a conocer la biodiversidad de la Reserva Ornitolóxica de O Grove.

Nuevos carteles de la Reserva Ornitolóxica do Grove.

 

 
130 ESCOLARES CELEBRAN O DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS
02/02/2018

Ao longo destes días e grazas á colaboración entre o Concello do Grove e SEO-Pontevedra, 130 escolares do municipio grovense celebraron o Día Mundial dos Humidais con varias actividades para coñecer as aves que pasan o inverno neste humidal privilexiado situado entre as rías de Arousa e Pontevedra.

Primeiro nos seus centros educativos, os nenos aprenderon a diferenciar os distintos grupos de acuáticas que nos visitan, a comprender o porqué quedan connosco durante os meses fríos, por que se desprazan desde lugares tan afastados etc.

Logo, con estas nocións aprendidas e armados con prismáticos, guías de aves adaptadas á súa idade e varios telescopios terrestres, saíron ao campo sucesivamente acompañados por ornitólogos de SEO, para gozaren en vivo dun dos festivais máis extraordinarios de Galicia: o festival das aves invernantes da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Os pequenos mecos adquiriron coñecemento, gozaron da natureza e foron felices observando as aves deste gran humidal que forma a Reserva Ornitolóxica.

Estas son as 27 especies que viron:

Nome galego, nome castelán, nome científico

Lavanco real, ánade azulón, Anas platyrhynchos

Pato asubiador, ánade silbón, Anas penelope

Pato rabilongo, ánade rabudo, Anas acuta

Pato cullerete, pato cuchara, Anas clypeata

Corvo mariño grande, cormorán grande, Phalacrocorax aristotelis

Cullereiro, espátula común, Platalea leucorodia

Garza real, garza real, Ardea cinerea

Garzota común, garceta común, Egretta garzetta

Gavita, ostrero euroasiático, Haematopus ostralegus

Píldora cincenta, chorlito gris, Pluvialis squatarola

Píldora dourada, chorlito dorado, Pluvialis apricaria

Píllara real, chorlitejo grande, Charadrius hyaticula

Pilro común, correlimos común, Calidris alpina

Pilro tridáctilo, correlimos tridáctilo, Calidris alba

Mazarico real, zarapito real, Numenius arquata

Mazarico chiador, zarapito trinador, Numenius phaeopus

Mazarico rabinegro, aguja colinegra, Limosa limosa

Mazarico rubio, aguja colipinta, Limosa laponica

Bilurico claro, archibebe claro, Tringa nebularia

Gaivota patiamarela, gaviota patiamarilla, Larus michahellis

Gaivota chorona, gaviota reidora, Larus ridibundus

Gaivota cabecinegra, gaviota cabecinegra, Larus melanocephalus

Gaivota cana, gaviota cana, Larus canus

Gaivotón, gavión atlántico, Larus marinus

Carrán cristado, charrán patinegro, Sterna sandvicensis

Picafollas común, mosquitero común, Phylloscopus collybita

Lavandeira blanca, lavandera blanca, Motacilla alba

Pomba torcaz, paloma torcaz, Columba palumbus

Estorniño pinto, estornino pinto, Sturnus vulgaris

Corvo pequeño, corneja negra, Corvus corone

Falcón peregrino, Halcón peregrino, Falco peregrinus

Miñato, Busardo ratonero, Buteo buteo


 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English