Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
Noticias
¿CUANTAS AVES CRUZAN NUESTROS CIELOS?
17/09/2019

Foto: G. Ferreiro.

Ahora que estamos en plena migración posnupcial de las aves y que en la Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove se nota especialmente, vamos a hablar de este éxodo.

La migración de las aves es uno de los fenómenos más extraordinarios de la naturaleza.

La migración es el desplazamiento regular de los individuos de una población entre áreas alternativas y en diferentes épocas del año.

Estos desplazamientos bianuales que las aves realizan, no están directamente relacionados con el frío (pues las aves lo toleran bien), sino con la disponibilidad de recursos alimenticios.

Por el alimento y por su capacidad de vuelo las aves migran y pueden recorrer miles de kilómetros cruzando continentes, hemisferios e incluso de una punta a otra del planeta.

Además son capaces de superar obstáculos tan fabulosos como océanos, montañas, desiertos… demostrando una fortaleza física y una capacidad de orientación y navegación increíbles.

Pero, ¿cuantas aves cruzan nuestros cielos?

Ciñéndonos a nuestra área, es muy complicado dar una cifra de cuantas aves migran de su lugar de reproducción (Europa) a su zona de invernada (África).

Algunos datos aportados por ornitólogos e investigadores nos dan las siguientes cifras:


900 millones de mosquiteros musicales

375 millones de bisbitas arbóreos

260 millones de papamoscas grises

250 millones de golondrinas comunes

40 millones de aves rapaces

700.000 cigüeñas blancas


En total la cifra puede rondar los 5.000 millones de aves que emprenden un largo viaje entre los dos continentes.

Es sorprendente que esta vasta cantidad de aves, 5.000 millones crucen dos veces cada año nuestros cielos, pero no es menos sorprendente el hecho de que pocas personas lo sepan, o que no las hayan visto nunca.

 

 
ÉXITO DAS PÍLLARAS DAS DUNAS DA RESERVA ORNITOLÓXICA DO GROVE
02/09/2019

Esta tempada foi moi exitosa para as píllaras das duna (Charadrius alexandrinus) na praia da Lanzada da Reserva Ornitolóxica do Grove.

Dos 14 polos que naceron de 5 niños, 10 chegaron a voar, isto supón o 71,4% de pitos voados sobre pitos nados.


Polos voantons de píllara das dunas. Foto: J. Gómez.

Algo terán que ver con este éxito o esforzo e a implicación dos voluntarios do grupo SEO-Pontevedra que velan para esta especie ameazada non desapareza da Reserva.

Algo terá que ver a protección con parcelas de exclusión dos niños e as moitísimas xornadas de vixilancia de niños e pitos que os seus voluntarios fixeron desde o mes de marzo.

Algo terá que ver o grande esforzo que fan informando aos donos de cans e mostrándolles os problemas de conservación que causan nas píllaras.


Voluntario de SEO informando. Foto: O. Gaitán.

Algo terá que ver que un ano máis non se retiren as algas da area (onde as píllaras das dunas atopan o seu alimento) e que a limpeza da praia sexa manual e selectiva.

Algo terá que ver a información e asesoramento que desde SEO imparten aos operarios da limpeza das praias e demais persoal que traballa nela.

Algo terá que ver que cada ano leven a píllara das dunas aos nenos de todos os colexios do Grove para que a coñezan e respecten.


Foto: G. Ferreiro.

Algo terán que ver as múltiples limpezas de residuos que SEO organizou con voluntariado e que fixeron na praia fóra da época reprodutora.

Algo terán que ver as “Xornadas de Sensibilización e Concienciación” a pé de praia e as publicacións que se lles repartiron a tantísimos usuarios.


Foto: E. González.

Algo terá que ver que non haxa papeleiras na praia (foco de atracción de depredadores), e que os usuarios se responsabilicen dos seus propios residuos.

Algo terán que ver os innumerables carteis informativos da píllara das dunas que hai nos accesos á Lanzada.


Foto: E. González.

Algo terán que ver as xestións realizadas por SEO-Pontevedra ante as administracións e organismos implicados na conservación da especie: Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Concello do Grove ou Costas do Estado.

Algo terán que ver as reunións e xornadas técnicas levadas a cabo co “Grupo Píllara” para coidar desta ave en Galicia.

Algo terá que ver a difusión das noticias da píllara en blogue, en foros de aves, na radio e os artigos publicados en prensa escrita.

Algo terá que ver a implicación e o esforzo do Concello do Grove, do Servizo de Conservación dá Natureza de Pontevedra (Xunta de Galicia) e dos axentes ambientais do espazo.

Foto: E. González.

E non terá tamén algo que ver que este ano a píllara das dunas sexa AVE DO ANO 2019?

De todos nós e do noso comportamento adecuado e respectuoso depende o futuro desta xoia do litoral galego.

A todas as persoas que loitan para que non se extingan as píllaras das dunas das praias de Galicia, GRAZAS.

 
AS ALGAS DAS PRAIAS
01/08/2019

Foto: E. González.

Como xa estamos en época do gozo das praias, queremos lembrar os beneficios que teñen as algas varadas na beira.

Estamos afeitos a considerar as praias como parques de lecer ou meros obxectos de consumo e estas nin son espazos artificiais nin simples extensións de area estéril, senón que son ecosistemas naturais e vivos, polo que deben tratarse de forma respectuosa e coidadosa para que conserven a súa boa saúde, da que todos nos beneficiaremos.

Son as algas varadas na area os bioindicadores do bo estado de conservación das praias, xa que lles achegan múltiples beneficios:

1º. As algas son hábitat e alimento de máis de cincuenta especies de macroinvertebrados, (algúns protexidos por leis europeas), e estes son á súa vez o alimento de distintas aves, entre elas a píllara das dunas, especie ameazada en Galicia.

2º. Se estas poboacións de animais consumidores de algas están en bo estado, serán elas as encargadas de eliminalas de forma natural da area.

3º. Os nutrientes que liberan as algas varadas na beira volven finalmente ao mar, fertilizándoo e favorecendo a súa produtividade.

4º. As algas ademais reteñen a area arrastrada polo vento e son as encargadas de fertilizar tamén as plantas dunares pioneiras, propiciando así a formación da duna. E é sabido que as dunas son as que protexen a costa da erosión do mar e do vento, ademais de seren as reservas de area das praias. Se as dunas se destrúen, as praias tenden a erosionarse e desaparecer.

Todo este proceso forma parte da cadea trófica costeira que garante a boa saúde do ecosistema litoral.

Pero cando as algas depositadas nas beira se eliminan artificialmente, está a provocarse unha grave alteración ecolóxica que dá lugar a areais estériles e insalubres.

Foto: J. Vázquez.

A praia da Lanzada, no Grove, está dentro da Rede Natura 2000, forma parte do Complexo Ons-O Grove e da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife.

Ademais está clasificada polo Plan de Conservación da Píllara das Dunas da Consellería de Medio Ambiente da Xuntade Galicia, como Área Prioritaria de Conservación, ou o que é o mesmo, espazo vital para a supervivencia da píllara das dunas, especie protexida en Galicia.

Por todo iso o Concello do Grove retirou a limpeza mecánica, non pasando a máquina cribadora de area pola Lanzada; só se fará en casos moi puntuais e despois de pedir as autorizacións correspondentes.

A cambio, a limpeza é manual e selectiva. Só se eliminan os contaminantes: plásticos, vidros, latas...

Tampouco se volveron a colocar as illas de colectores de residuos que había no areal que, á parte de seren focos de contaminación, atraían avespas e depredadores e facían que a camioneta de recollida circulase pola area, poñendo en perigo animais e plantas.

O Concello do Grove está a ser un exemplo de que a conservación do patrimonio natural é perfectamente compatible co turismo de sol e praia, e outras localidades costeiras xa se están interesando polo seu modelo respectuoso coa natureza e que á vez lle ofrece ao turista praias sas e naturais.

As algas non son lixo, senón elementos naturais dos nosos areais que desempeñan un notable papel ecolóxico, polo que debemos respectar as algas depositadas na beira.

 
PÍLLARA DAS DUNAS: SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN
15/07/2019

Foto: G. Ferreiro.

Como todos os nos xa celebramos a primeira "Xornada de Sensibilización e Divulgación" na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove, onde temos poliños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

Durante varias horas un gran número de usuarios da praia pasaron polos telescopios invitados polos voluntarios de SEO-Pontevedra para observar esta especie da praia en perigo.

A todos os participantes se lles poñía un gran sorriso na cara cando descubrían a través dos obxectivos os poliños patilongos e de cor area corricando pola praia e vixiados atentamente polos seus pais.


Adulto e poliño. Foto: J. Gómez.

Ademais de entregarlles folletos informativos do “Grupo Píllara”, tamén lles explicamos o importante que é conservar esta especie ameazada, porque entre outras cousas é un bo indicador da saúde ambiental da praia, o porqué de non levar cans a estas (xa que os cans poden depredar poliños), de deixar as algas na area, a súa fonte de alimento, ou de ser un dos poucos areais galegos que non ten papeleiras e que os usuarios xa manteñen en perfecto estado.

Unha vez máis estas accións que gozan dunha alta participación e carisma, resultan moi produtivas e son un exemplo para outros concellos que tamén contan nas súas costas con esta adorable especie.

Foto: G. Ferreiro.

 
NOTICIAS SOBRE A AVE DO ANO 2019
02/07/2019

Que ves na foto?        28/06/2019. G. Ferreiro.

 

As últimas noticias sobre as píllaras das dunas (Ave do Ano 2019), que nidifican na Reserva Ornitolóxica do Grove son as seguintes:

- Na praia hai unha familia de píllaras con 3 pitos, da que se encarga a femia e que xa realizan pequenos voos, polo que se dan por salvados.

- Unha segunda familia vixiada polos dous proxenitores, da que só vimos 1 pitiño e que tamén realiza voos curtos.

- Un terceiro grupo familiar fórmano 3 pitos de 15 días, dos que se encarga o macho.

- E unha última familia a cargo do pai, con 2 pequenas píllaras, pois naceron hai 5 días.

De momento son 4 familias con 9 poliños de píllara das dunas na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove.

É un grande éxito. É a Ave do Año 2019.

Só desexamos que todos cheguen a voar.

Cómpre resaltar que xa case non se ven cans na praia.

*Na foto obsérvase unha femia de píllara e un pito en primeiro plano ao que só se lle ve a parte superior da cabeza.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English
youporn